Cando os burros van onde non deben de ir
Tes un titular para o 1 de abril?
Participa no noso concurso. Diríamosche que temos grandes premios, pero non queremos contarche mentira.
Propón un titular ou unha escribe unha información completa. Podes envíar a túa proposta a redaccion (arroba) vieiros.com
- 00:00 01/04/2007
PARA CONMEMORAR OS 25 ANOS DO PARLAMENTO
Villarino quere sacar un disco con versións "multiculturais" do himno
Segundo puido saber Vieiros, a presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino, comezou os contactos para publicar un disco que conmemore os 25 anos da institución.
Logo de toda a que caeu, Villarino opta por un disco con versións "multiculturais" do himno galego. Segundo as mesmas fontes, tanto PPdeG como BNG coñecen xa os plans da presidenta e comprometéronse a apoialos sempre e cando se trate con todo o respecto que require o himno nacional.
Na gravación estarán, entre outras, formacións tan dispares como Luar Na Lubre, Berrogüetto, Radio Tarifa, Banda Bassoti, Melendi, El Arrebato, Xil Ríos ou The Chieftains.
Así o contou Vieiros en decembro pasado. Outros anos as brincadeiras foron diferentes: a saída a bolsa de Vieiros, a creación dun incerto partido galeguista liderado polo ex alcalde da Coruña...
Agora gustaríanos saber das túas propostas informativas: As informacións que poderían ser, as que non son, as que probablemente non serán... Envíanos a túa idea e compite por incertos premios grandes e pequenos.
A volta
"O 1 de abril van os burros onde non deben de ir". Así di o refrán galego. Na súa Historia de Galiza, Otero Pedraio tamén recoñece o primeiro de abril como o día das trampas de broma, unha tradición que aínda lembran algúns vellos galegos e que coincide en data coa xornada dos inocentes da cultura anglosaxona (April Fool´s Day) e da francesa (Poisson d´avril). Tamén na illa balear de Menorca, onde lle chaman o Día d'Enganar.
A volta
Antes de que o monarca Carlos IX introducira en Francia o novo calendario os festexos polo Ano Novo comezaban o 25 de marzo e o Aninovo era precisamente o 1 de abril. No momento en que se cambiaron os calendarios e debido á lentitude informativa daquel entón foron moitos os enganados que seguiron a celebrar o 1 de abril e non o 1 de xaneiro.
A volta
A tradición menorquina, que aínda se mantén, chegou á illa precisamente durante a dominación británica sobre a mesma, no século XVIII. Así o primeiro de abril deu antigamente na celebración do Día dos Enganos en Galiza. No país os vellos aínda lembran aquilo de "o un de abril van os burros onde non deben de ir".
Novo comentario