Vieiros

Vieiros de meu Perfil


9/Xullo/2010 /

'Axuda urxente para o Courel', o vídeo máis visto no youtube

Á montaxe ideada por Raquel González Gamallo e con música de Luar na Lubre xa superou o millón de visitas na rede.


18/Xuño/2010 /

A Xunta mente á Comisión Europea sobre a repoboación no Courel

Bruxelas afirma que a información facilitada polo Goberno asegura que as talas non foron financiadas con fondos europeos. Os ecoloxistas entenden que o obxectivo é evitar unha sanción.


Contra vento e marea: nos vieiros do Courel, por Uxío Novoneyra
9/Maio/2010 /

Contra vento e marea: nos vieiros do Courel, por Uxío Novoneyra

A asociación Amigos de Uxío Novoneyra homenaxea este domingo ao poeta, chuvia mediante, e co rexeitamento da Xunta a pagar a instalación dun pequeno palco.


16/Abril/2010 /

A Xunta promove unha plantación de piñeiros no Courel, en plena Rede Natura

A lexislación prohibe expresamente plantar especies que non sexan autóctonas, para non prexudicar o equilibrio biolóxico.


26/Marzo/2010 /

O oso aínda busca acubillo polo Courel

Desde SOS Courel salientan a idoneidade deste hábitat para o animal, de onde case se cría extinguido, e aproveitan para reclamar a protección.


15/Marzo/2010 /

Tres millóns de euros para destruír o Courel

SOS Courel e Adega denuncian os estragos producidos na vexetación autóctona co pretexto da súa rexeneración hidrolóxica e forestal.


8/Marzo/2010 /

Dez outonos no Courel

"O home desesperase por destruír aceleradamente o que tanto tempo levou facer". O ollo de Xoán Piñón , a reflexión de Vidal Romaní e a denuncia de SOS Courel.


26/Febreiro/2010 /

O Courel, esquecido por Sanidade

SOS Courel inicia unha campaña de envío de correos para denunciar a carencia de atención sanitaria nocturna, o que obriga a un longo desprazamento até Monforte.


4/Febreiro/2010 /

Unha estrada pon en perigo o patrimonio arquitectónico do Courel

Os veciños denuncian un proxecto que non conta cos preceptivos informes de Patrimonio nin con Estudos de Impacto Ambiental.


7/Xaneiro/2010 /

Paz e amor na soidade do Courel

A Xan de Vilar, único habitante de Vilar, que co seu museo tenta apreixar o tempo pasado.

  Hai terras con engado; con engado natural que non é doado rexeitar malia que haxa outras angueiras máis urxentes. Empúrrante non se sabe que forzas estrañas e descoñecidas e, outra vez, aínda que fosen moitas, tornas de novo a perderte sen ir a ningures por empinados sendeiros e sombrizas  congostras, antano camiños carreteiros. E seguirás así mentres poidas.


2/Decembro/2009 /

A alcaldesa do Courel marca un salario de 2.300 euros

Logo da moción de censura, con apenas 1.300 veciños censados e malia que o anterior alcalde non cobraba, a nova rexedora fíxase un elevado soldo.


7/Novembro/2009 /

SOS Courel quéixase das eivas de priorización nos plans de desenvolvemento sustentábel

Para o colectivo, a proposta da Xunta é un "café para todos" que no canto de aproveitar as oportunidades da nova lei cubrirá buratos municipais indiscriminadamente.


14/Outubro/2009 /

Mentres, o PP de Folgoso do Courel apoia canda un tránsfuga unha moción de censura

A iniciativa pretende sacar ao socialista Xosé López e poñer na alcaldía á conservadora Dolores Castro. Os concelleiros pediron a súa baixa no PPdeG.


27/Abril/2009 /

Ábrese a porta para unha moción de censura no Courel

Un concelleiro socialista abandona o PSdeG e deixa o grupo de goberno en minoría con catro edís, os mesmos cos que conta o PPdeG.


Mina de lousa no Courel
18/Marzo/2009 /

O eurodeputado Willy Meyer pregunta pola investigación das minas do Courel

O representante español no Parlamento Europeo solicitou coñecer a resposta dadas polas diferentes autoridades do Estado ante os "graves incumprimentos ambientais".


1/Decembro/2008 /

O Courel: cando a neve pasa de atractivo turístico a pesadelo

A falta de servizos deixou a zona incomunicada tres días por mor dun cable de alta tensión no medio dunha estrada.


24/Outubro/2008 /

SOS Courel desafía a Fiscalía a investigar as agresións ao patrimonio na zona

Despois de que o fiscal xefe do TSXG indicase que a cidadanía fai poucas denuncias sobre atentados ao patrimonio, o colectivo envíalle unha peneira das que eles mesmos realizaron.


6/Setembro/2008 /

Do Courel ao Condado nun feixe de poemas

'Galiza non se vende', lema da edición do XXII Festival de Poesía do Condado, que se vén desenvolvendo dende o xoves.


25/Agosto/2008 /

Un incendio arrasa 66 hectáreas de bosque no Courel

Medio Rural despregou 41 brigadas na zona que conseguiron acoutar un lume que segue activo. Dende SOS Courel falan de “descoordinación”.


18/Agosto/2008 /

Festa fotográfica no Courel

Verdegaia, SOS Courel e Insectarium Virtual convidan a participar nunha xornada de documentación en imaxes da biodiversidade deste espazo natural.



Buscador